Saltar ao contido

António Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntónio Costa

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) António Luís Santos da Costa Editar o valor en Wikidata
17 de xullo de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Presidência do Conselho Europeu (pt) Traducir
1 de decembro de 2024 –
← Charles Michel
Ministro de Relacións Exteriores
28 de marzo de 2022 – 30 de marzo de 2022
← Augusto Santos Silva (pt) TraducirJoão Gomes Cravinho (pt) Traducir →
119º Primeiro ministro de Portugal
26 de novembro de 2015 – 2 de abril de 2024 (dimisión)
← Pedro Passos CoelhoLuís Montenegro →
Deputado da Asemblea da República de Portugal
23 de outubro de 2015 – 27 de novembro de 2015

Circunscrición electoral: Lisboa

Secretário-Geral do Partido Socialista (pt) Traducir
22 de novembro de 2014 –
← António José Seguro (pt) Traducir
2010-2013 UCLG Co-President (en) Traducir
20 de outubro de 2010 – 4 de outubro de 2013
76º Alcalde de Lisboa
1 de agosto de 2007 – 6 de abril de 2015
← Marina Ferreira (pt) TraducirFernando Medina (pt) Traducir →
Ministro da Administração Interna (pt) Traducir
12 de marzo de 2005 – 17 de maio de 2007
← Daniel Sanches (pt) TraducirRui Pereira (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: XVII Governo Constitucional de Portugal (pt) Traducir
Vice-presidente do Parlamento Europeu (pt) Traducir
20 de xullo de 2004 – 11 de marzo de 2005
Eurodeputado

20 de xullo de 2004 – 11 de marzo de 2005

Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Portugal (pt) Traducir

Deputado da Asemblea da República de Portugal
6 de abril de 2002 – 20 de xullo de 2004

Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Leiria (pt) Traducir

Ministro da Justiça (pt) Traducir
25 de outubro de 1999 – 6 de abril de 2002
← Vera JardimCeleste Cardona (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: XIV Governo Constitucional de Portugal (pt) Traducir
Ministro dos Assuntos Parlamentares (pt) Traducir
25 de novembro de 1997 – 25 de outubro de 1999
← António Couto dos Santos (pt) TraducirLuís Marques Mendes (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: XIII Governo Constitucional de Portugal (pt) Traducir
Deputado da Asemblea da República de Portugal
27 de outubro de 1995 – 30 de outubro de 1995

Circunscrición electoral: Lisboa

Deputado da Asemblea da República de Portugal
4 de novembro de 1991 – 26 de outubro de 1995

Circunscrición electoral: Lisboa

Datos persoais
EducaciónUniversidade de Lisboa - Licenciatura
Universidade Católica Portuguesa (pt) Traducir - posgrao Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista (Portugal) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017 Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiMaria Antónia Palla Editar o valor en Wikidata
IrmánsRicardo Costa Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3002684 Twitter: antoniocostapm Instagram: antoniocostapm Editar o valor en Wikidata
António Costa durante o seu mandato como alcalde de Lisboa

António Luís Santos da Costa, coñecido como António Costa, nado en San Sebastião da Pedreira (Lisboa) o 17 de xullo de 1961, é un xurista e político portugués. Foi Alcalde de Lisboa entre 2007 e 2015. É o actual secretario xeral do Partido Socialista, desde novembro de 2014 e foi o Primeiro Ministro do seu país dende 2015, cando herdou o cargo de Pedro Passos Coelho a 2023, cando presentou a súa dimisión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De orixe católica goesa, é fillo do escritor Orlando da Costa. Licenciado en Dereito na Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa, e alí foi dirixente da Asociación Académica (1982-1984) e director da Revista da AAFDL (1986-1987). É posgraduado en Estudos Europeos, polo Instituto Europeo da Universidade Católica Portuguesa. Desde 1988 exerceu como avogado en Lisboa, actividade que interrompeu para dedicarse á política.

Foi deputado polo Partido Socialista na asemblea municipal de Lisboa, entre 1982 e 1993. Entre 1991 e 1995 foi tamén deputado na Asemblea da República. En 1993 foi candidato á alcaldía de Loures, resultando elixido concelleiro. Foi membro do Secretariado Nacional do PS entre 1987 e 1990 e volveu de novo ao Secretariado Nacional do PS desde 1994. Integrou o XIII Goberno como secretario de Estado (1995-1997) e ministro (1997-1999) de Asuntos Parlamentarios. Levou a carteira de Xustiza no XIV Goberno (1999-2002). Para alén diso foi tamén o membro do goberno responsable da Expo'98, en 1997/99, presidiu o Grupo Parlamentario do PS, de 2002 a 2004, e foi deputado e vicepresidente do Parlamento Europeo entre 2004 e 2005. Foi ministro de Estado e da Administración Interna (2005-2007) e presidente da Cámara Municipal de Lisboa (2007-2015)

En 2014, logo das eleccións europeas, anunciou que disputaría o liderado do PS a António José Seguro, nas primarias do 28 de setembro logrou a vitoria co 67,88% dos votos contra 31,65% do seu rival converténdose así en candidato do seu partido a primeiro ministro. Seguro dimitiu do cargo de secretario xeral do PS o mesmo día da súa derrota, e nas primarias convocadas para a elección de secretario xeral o 21 e 22 de novembro, Costa presentouse sen oposición, converténdose en secretario xeral da súa formación.[1]

O 7 de novembro de 2023 Costa anunciou a súa dimisión como primeiro ministro despois de que a fiscalía portuguesa iniciara investigacións contra el e algúns membros do seu gabinete por presunta corrupción, prevaricación e tráfico de influencias.[2] Con anterioridade, o Ministerio Público investigara as sospeitas que se vertían sobre o Executivo por un posíbel trato de favor en concesións de litio nas minas de Romano e Barroso, ademais dun proxecto dunha central de produción de enerxía a base de hidróxeno.[3][4]


Predecesor:
Pedro Passos Coelho
 
Primeiro Ministro de Portugal
 
2015-2023
Sucesor:
pendente de escolla